16/8/07

Continuará....

Se queres saber máis de nos fai click aiquí.

13/8/07

Regreso

Longa viaxe de volta a casa tras uns días moi divertidos e cheos de bos momentos. O día pintaba moi tristeiro e nos non tiñamos moita ansia de madrugar. Fixemos amago de almorzar en Mont de Marsan pero nin había moito donde así que ca barriga valeira saimos á ruta. Desta volta tamén había atasco así que costounos sair de Francia máis do que pensabamos. Nun dos pobos que cruzamos vimos a un grupo de nativos tomando unhas tostadas así que dimos volta na primeira glorieta e fumos facerlle compañía. Foi case o mellor do día. Sentamos nunha terraciña e puxéronnos unha bandexa a cada un cun cruasan ( notase que aprendín frances ), media baguete , un barreño de café , mermelada , manteiga e un vaso de zumo tipo Don Simón.
A eso da unha cruzamos a fronteira e puxemos rumbo a Donosti. Case sen parar tiramos hasta Burgos .Alí paramos nun Mc Donalds no que , cousas do azar , nos atendeu unha china. Non é que teñamos nada contra esta raza en concreto pero despois de oito días polo mundo adiante , pareceunos gracioso.
O local estaba cheo de avisos :" Agotada la salsa deluxe ". "Por falta de suministro las hamburguesas van sin kepchup , si lo desea pidalo en mostrador". "El establecimiento recomienda no pedir patatas a los celíacos"... ( parecía o Bar Orellas de Ourense).
O chegar a Ourense estaban a agardar por nos Ester e máis a nosa Janocha que estiveron todo este tempo facendose compañía.
Viaxar agota. Imos ter que coller unhas vacacións das vacacións.

Da moita pena rematar este blog , que caerá no esquecemento igual que a aventura italiana do Sputnik. Pero nos sempre voltamos cambiados e as lembranzas acompáñannos sempre , sobre todo nos momentos tristes do inverno.

Unhas poucas fotos.

Camiño de entrada a un Chateau e o noso compañeiro de viaxe. O sinal de 30 está sendo comido pola árbore.

Igrexa en Poitiers repleta de plaquiñas anónimas dando as grazas por cousa das máis pintorescas , dende a protección durante a guerra ata o aprobado dun examen.

Espectacular Chateau da Aquitania , sacamos a foto pra ter unha idea do que imos facer nos en Tamallancos. Este mismo modelo pero en bloque de formigón e tellado de uralita.
Casa abandoada que atopamos no camiño. Daba tanta pena como medo. Non puidemos acercarnos moito xa que había un cartel en francés e claro , non sabíamos se alí puña que o peche da finca estaba electrificado , se había cans soltos , se o dono tiña esquizofrenia ou había un campo de minas.

12/8/07

Mont de Marsan.

Día longo e de moito viaxe. Despedímonos da chinolis felíz do hotel e dispuxémonos a avanzar. Almorzamos na espectacular estación de tren de Limoges, un edificio que semellaba unha catedral cunha inmensa cúpula , vidrieiras e esculturas alegóricas dando a benvida ós viaxeiros. Pedimos dous chocolates ó camareiro , un deses tipos que saben construir torres de bocadillos de sete pisos e poñen un café o tempo que tiran unha caña e se colocan a escrava do dereiro. Primeiro manchouse María e por simpatía tamén o fixen eu.
Por fin puiden mercar El País pra saber o que pasaba por Spain.
Pra sair de Limoges tamén había atasco. Notase que nos colleron cariño e non querían que nos fosemos de alí xa que doutro xeito non se explica: atasco de saida nunha secundaria un luns as once da mañá. Se eso non é amor que mo expliquen.
Cruzamos un cento de pequenas vilas e fixemos unha parada pra ver un Chateau abandoado. Ó seu carón na esquina do que debeu ser o xardín un enorme e antiquísmo teixo extendía as súas raices a través da historia.
Antes de chegar a Perigueux aínda nos deu tempo de ver outro do máis de 5.000 Chateaus que hai por toda Francia. Cruzamos o paseo de arbores co noso mini como se fósemos os señores da casa e aparcamos ó seu carón pra sacarnos unhas fotos. Ver non vimos a ninguen pero eu non lle quitei ollo ás fiestras non sea que nos pegaran un escopetazo.

Perigueaux resultou ser un lugar moi animado. Por todas partes centos de ciclistas xa maiorciños daban un toque de color á vila. Xantamos no casco vello no que viría sendo a Praza do Ferro de Perigueaux pero sen fonte. Temos foto de María chapando a pizza pero non a colgamos pra que non pensedes que non fixo máis que comer en toda a viaxe.
En Perigueaux ademáis dunha extrana catedral de perfil bizantino , hai un Museo do Trampantojo. Non tiña visto nada igual dende o Monumento ó Fígado de Ferrol (verídico).

Pola tarde cruzamos a Aquitania , cos seus enormes viñedos . Ó lonxe vimos outro Chateau e como non temos presa nunca pegamos un xiro en u e alá fumos. Resultou ser unha das bodegas máis visitadas que organizaba degustacións de viños. Entramos a velo , dimos un paseiño polos campos que o rodeaban e tomámoslle un blanco en medio de un autobús de xubilados. Tamén había unha boda pero xa xantáramos.

Aínda nos deu tempo de conducir por carreteiras solitarias entre viñedos mapa en man.
Nun cruce parounos un frances para preguntarnos non sei que. Xa dixen que todos querían falar con nos , entre eles un pola mañá que foi dandonos a murga 200 metros aínda sabendo que non lle entendíamos nada. Estiven por quitarlle a barra de pan do sobaco e tirarlla ó medio da carreteira a ver se o mataba un trolebús.


Nunha vila do camiño atopamos un curioso mercadillo de antiguedades. Centos de postos por todo o pobo , como se a xente sacase á porta da casa a sua quincallada pra vendela. Era divertidísimo e non puidemos resistir a tentanción. Mercamos unha lata , uns clicks de playmobil e un muñequiño de Tintín.



Tres ou catro paradas máis tarde chegamos a Mont de Marsan. Xa era algo tarde e non tiñamos nin ganas de pasear así que buscamos un hotel e paramos a descansar unha miguiña. Pra cear fumos a un chino destes que hai nas aforas das grandes cidades.
Non tiñamos moita fame pero como nos cobraron 38 eurazos polo buffet , comimos por tres días. O chino era tonto de remate e sabía de ingles coma eu de chino.
Eu aprendin a comer cos palillos ainda que so penso empregar esta técnica cando pague por prato.

Foi un día moi divertido , dun lado para outro , o que se di un día redondo , aberto por un chino e cerrado por outro .

Na nosa tele Bruce Willis aínda tiña pelo.

11/8/07

Limoges


Cambiamos de dirección no mapa e tomamos rumbo ó sur. Eu levanteime cedo e fun dar un longo paseo pola beira do rio. Recollimos velas e puxemos rumbo a Limoges. A estrada era un puro atasco así que tardamos case tres horas en facer uns 100kms.
Xa no medio decidimos disfrutar da paisaxe e fixemos algunha que outra parada. Por todas partes flores , pastelerías e momumentos á resitencia ou os mozos mortos na 2ª Guerra Mundial.
Limoges pra non variar é tamen algo sosiño. Moi monumental e cheo de xardins pero pouco animado. Mira que nos non somos John Travolta e Olivia Newton John pero tanta paz chega a cansar.
O da porcelana non nos facía moita ilusión así que nin pra ela miramos. Moito me acordei da Jesusa que sempre di :
"pra que traedes nada que logo non hai nin onde polo".

Comimos ben. Pouco variado pero abundante. Unha tortilla de xamon e queixo que saía por fora do prato , rematada cun crepe de Nutela . Dende que empecei a dieta creo que engordei polo menos dous kilos.

Pola tarde con semellante cocido na barriga pouco puidemos facer máis que arrastrarnos pola cidade. O cansancio volvenos graciosos e non paramos de dicir tonterías.
É curioso pero mentras en Galicia ninguen se para a falar con nos pola rua , aiquí que non lles entendemos , todos queren charlar.
Sacamos billetes para o tren chu-chu (sí , outra vez) e como saía tarde , fixemos tempo vendo nun pub un partido de rugbi e pedimos a enésima orangina.
O hotel estaba ben situano , nun edificio antigo pero apañadiño. Na recepción unha china que non paraba de sorrir.

10/8/07

Poitiers.



















Perdimonos. Non foi sen tempo. Houbo berros , desesperación e reconciliación. Por fin atopamos un camping a carón dun rio nun lugar precioso: prados enormes , flores por todas partes , patos , arbores mimadas , cabanas de pescadores , barquiños pra alugar e un viaducto do século XIX cruzando un campo.
O encargado era un tipo ben simpatico e falador chamado Silvano , orixinal dun pobo chamado Durazno en Uruguay , escapado según nos contou da dictadura no ano 1973 . O camping estaba moi ben pero extranamente valeiro. A penas tres ou catro postos ocupados. Non tardamos en saber a razón.
Cada cuarto de hora pasaba un tren que metía un barullo tremendo e resoaba en todo o val. Pola mañá os simpaticos patos empezaron a dar a murga dende primeira hora , incitados por un abuelete que lles tiraba pan dende a sua cabana. Por primeira vez sentín non ter licencia de armas.

Poitiers é unha vila medieval moi bonita , chea de igrexas románicas ben coidadas e un casco antigo precioso , agradable de pasear. Pintadas na rua unhas liñas de cores dirixen ós turistas de monumento en monumento así que se poden facer percorridos sin liarse moito.
Xantamos fatal nun bar a carón da catedral. Vimos a unha parella de coreanos cun plato de arroz e cruzaronsenos os cables e pedimos cuscus. O demáis xa o sabedes.

A verdade é que xa empezamos a andar algo cansos así que ó atardecer fumos o camping-estación pra descansar algo antes da cea.

Pra cear voltamos a Poitiers guiados por Silvano a un restaurante mexicano da sua ex-muller , chamado La cucaracha.

9/8/07

Curiosites














Can porteador de bolsos.














Tranquilo que eu controlo.

Confusions.



Viaxar non é sinxelo. Un xa tenta falar o menos posible cos nativos pero á hora de comer...




Pedimos unha magdalena pra almorzar ...Houbo momentos de confusión , dudas , repaso mental ás clases de frances da EGB , e á fin dironnos un bolo de pan con salsa , beicon e un ovo frito no medio. Tipico almorzo do país , vamos.





María disfrutando do cuscus.


Para xantar pedimos unha lemonade pensando que era unha limonada e puxeronnos unha gaseosa tipo Troncoso.









Críamos saber o que era o cuscus ata que apandamos en Poitiers un potaje-cuscus que consistía nun perolo enorme de barro cheo de cabaza , garbanzos , comino , calabacin, máís comino , cebola , unha cousa verdosa e por suposto cuscus con sabor comino. A única diferencia entre o plato de María e o meu era que o seu estaba rematado con duas talladas de polo e o meu por dous chourizos picantes (chistorra de toda a vida). In-tra-ga-ble. E por so 42 euros.

O do café xa nin mencionalo. Ainda que María tentou explicar por mímica o que era un café corto de café e con moita leite , foi imposible: sempre entendían ó reves. Ó final optamos por pedir cacao . Ainda así , xa case na fronteira , en vez de chocolat puxeronlle un tazon de café solo . Menos mal que eu pedira un café solo e me puxeran unha xarra de leite ¿?.

Angouleme ( by Maria Moreiras)


Aunque despues de la impresionante Burdeos , pueda parecer poca cosa , se hace agradable pasear por las callejuelas , ver tiendas de juguetes y los dibujos que decoran las paredes.
Debido a nuestro incansable ritmo , las fuerzas nos fallan por momentos , pero con una orangina seguimos adelante.




Angouleme ven sendo como Verin pero sin portugueses. Un sitio grande pero soso. Non sei , algo faltaba. As ruas e os monumentos son moi fermosos e o ambiente de terrazas era bo , pero todo o pobo funcionaba a 120 voltios. Marchamos cedo tras mercar uns chocolates e facerlle sacar o tipo do hotel 4 coches do parking pra poder mover o noso.














Hotel de Ville (Concello)



Parede dun hotel con mural .